CRTVG

Buscar

Industria confírmalles aos sindicatos que o estatuto para as electrointensivas está listo

Publicado o 05/02/2020 09:52

• A ministra Reyes Maroto non especificou a rebaixa dos prezos da enerxía eléctrica

 

Industria confírmalles aos sindicatos que o estatuto está listo, un anuncio que os sindicatos toman con reservas. O Ministerio de Industria díxolles aos representantes sindicais das fábricas de Alu Ibérica (a antiga ALCOA) de Avilés e da Coruña que o estatuto para as empresas electrointensivas estaba listo e que se aprobaría nos vindeiros dias. Con todo, non deu máis detalles.

Non especificou exactamente a rebaixa que van ter os prezos da enerxía eléctrica nin que partes se van tocar. Por iso os sindicatos da Coruña e Aviles aseguran que toca esperar a que haxa máis concreción e se asinen medidas concretas. Os representantes sindicais da factoría de San Cibrao van un pouco máis alá, e indican que non teñen coñecemento desta proposta de estatuto das electrointensivas, porque ninguén se puxo en contacto con eles.

Noticias web

05/02/2020