CRTVG

Buscar

Mínimas por baixo dos -4º no interior de Pontevedra

Publicado o 08/01/2021 20:30


Bufandas, lubas, gorros ou capuchas. Todo vale para facer fronte ao frío. No interior de Pontevedra esta noite volven estar en aviso amarelo. A pasada madrugada chegaron aos 5 graos negativos en concellos coma Mos ou Cerdedo Cotobade, e ata menos 8 se rexistaron en Lalín.

Este frío non colle por sorpresa aos veciños, que saben como facer fronte ao inverno.
Cos ceos despexados, non haberá neve, pero o sol tampouco será capaz de quentar o suficiente para contrarrestar o efecto dos ventos que deixará Filomena ao seu paso por Galicia.

Noticias web

08/01/2021

Máis sobre actualidade