CRTVG

Buscar

Miñanco dirixía unha das estruturas narco-criminais máis potentes do mundo

Publicado o 09/02/2018 20:32

 

Sito Miñanco dirixía unha das estruturas narco-criminais máis potentes do mundo. Así o considera a Policía Nacional que fai balance da operación que devolveu a prisión o histórico narcotraficante galego. Remata con 43 detencións, cinco toneladas de droga interceptadas e a incautación de bens valorados en 15 millóns de euros.

<Unha reunión en Marbella de Sito Miñanco coa xente da súa organización foi a orixe dunha investigación que durou 20 meses. Nese tempo a policía comprobou que a pesar de ter fixada a residencia en Alxeciras seguía mantendo a principal estrutura da banda en Pontevedra. Ainda durmía nun centro de inserción, pero, segundo a policía, posuía unha rede de colaboradores en toda España que conformaban a organización narco-criminal máis poderosa de Europa e das máis importantes do mundo.

Nesta última etapa, segundo a UDYCO, Miñanco asociarase con organizacións criminais búlgaras, turcas e holandesas.Tiña un complexo dispositivo para mover cartos polo mundo e branquear as ganancias do narcotráfico. O golpe económico da operación Mito é significativo. Permitiu confiscar bens valorados en 15 millóns de euros e bloquear 171 inmobles, cinco barcos e 139 contas bancarias e outros produtos financeiros.

Canda Sito Miñanco detiveron 42 persoas que xa están en prisión ou libres con medidas cautelares. A operación Mito tamén sacou das rúas cinco toneladas de estupefacientes, a maior parte cocaína.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018