CRTVG

Buscar

Miñambres, contento co mercado: "O cadro de xogadores ten nivel como para non pasar apuros"

Publicado o 03/02/2021 21:30

Ao director deportivo quedoulle a espiña de Franco Cervi, que en poucas semanas pasou de ser prescindible a importante no Benfica. Era a aposta do Celta e seguirá a selo: "Tiñamos a certeza de que o xogador era Cervi, e non puido ser. Saben que o queremos para a temporada que vén, pero se empeza a facer goles, non o vexo fácil".

O Celta liberou masa salarial coa cesión de Okay. E coa marcha de Olaza ao Valladolid, menos entendida pola afección. 

Mantense a situación de Costas e Jorge Sáenz, que non poden adestrarse co equipo. Moitos pensan que o club podería facer mellor as cousas: "Hai unha imaxe moito peor en Vigo do Celta que fóra, en España e no mundo".

E pensa que este ano non haberá ese sufrimento: "O cadro de xogadores ten nivel como para non pasar apuros".

Miñambres ten confianza. O seu contrato remata en xuño pero xa traballa no Celta da próxima temporada.

Noticias web

03/02/2021