CRTVG

Buscar

Miñambres ve difícil que Nolito asine no Celta

Publicado o 19/08/2019 21:42

Para o Celta o de fichar a Nolito estase poñendo cada vez máis complicado. E todo porque segue facendo méritos para quedar no Sevilla. Este foi o gol que lle fixo onte ao Español. Marca da casa. Nolito foi o xogador máis salientable da pretemporada no Sevilla. Marcou o 25% dos goles do equipo. Lopetegui apostou por el como titular no debut ligueiro. O director deportivo do Celta, Felipe Miñambres, asume que Nolito pode non chegar:  "Véxoo difícil porque contou, xogou ben e cada vez que o puxeron deulle un bo rendemento ao Sevilla tanto en pretemporada coma onte. Cando decidiron poñelo de titular e apostar por el é porque contan con el. Rony Lopes leva pouco pero aínda así eu creo que fixo unha pretemporada gañando un sitio no equipo e así o demostrou Julen poñéndoo de titular"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019