CRTVG

Buscar

Milo Djukanovic gaña as eleccións presidenciais de Montenegro

Publicado o 16/04/2018 09:31

Milo Djukanovic, do Partido Democrático dos Socialistas, será o próximo presidente de Montenegro.Un dos retos de Djukanovic, un europeísta convencido, é integrar durante o seu mandato a Montenegro na Unión Europea.Djukanovic, de 56 anos, xa presidiu o seu país nunha ocasión e foi seis veces xefe do Goberno. Ademais está considerado o pai da independencia de Montenegro, conseguida en 2006 tras separarse de Serbia. O seu partido, o DPS, dirixe Montenegro desde a caída do comunismo, o que supón un caso único nos Balcáns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018