CRTVG

Buscar

Millóns de mozos de todo o mundo toman as rúas contra o cambio climático

Publicado o 20/09/2019 21:33

Cóntanse por millóns as persoas, sobre todo xente nova, que este venres saíron á rúa para pedirlle aos gobernos accións efectivas para loitar contra o cambio climático. Desde Australia a Bruxelas, desde Borneo a Nova York, en 150 paises houbo manifestacións como estas. O obxectivo é que se fale, cunha soa voz, sobre os efectos do cambio climático no planeta. "Non hai un planeta B" foi, de feito, unha das consignas máis berradas en todos os idiomas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019