CRTVG

Buscar

Millo relata centos de actos de "acoso e violencia"

Publicado o 05/03/2019 15:58

O ex-delegado do Goberno en Cataluña defendeu a actuación policial durante o 1 de outubro e acusou o independentismo de usar métodos violentos. Enric Millo relatou no xuízo do procés que intentara convencer a Carles Puigdemont de que frease o referendo ilegal, e sinalou o ex-presidente catalán como culpable dos enfrontamentos do 1 de outubro por alentar "murallas de persoas". Millo cre que as forzas de seguridade actuaron con proporcionalidade para cumprir os mandatos xudiciais, ante a pasividade dos Mossos, e revelou que 93 axentes quedaron feridos. O ex-delegado do Goberno describiu o clima de crispación que se viviu no outono de 2017 en Cataluña.

Enric Millo, ex-delegado do Goberno en Cataluña: "Acoso, fustrigamento, violencia... Dediquei moito esforzo a intentar persuadilo de que se esquecera dese plan politicamente suicida. Díxome: "Eu xa non podo dar marcha atrás". A min chegáronme imaxes de persoas agredindo a Policía Nacional e a Garda Civil. Un axente explicoume que caera na trampa do Fairy, vertían deterxente na entrada dalgún colexio para que os axentes patinasen, caesen e despois pateábanos na cabeza".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019