CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Milleiros de visitantes na Festa da Pascua en Padrón

Publicado o 16/04/2017 14:47






O Domingo de Pascua celébrase de xeito especial en Padrón. É o día da festa da Pascua, unha tradición de catro séculos, que segue a congregar milleiros de visitantes. O que comezou como unha feira de gando nas súas orixes, converteuse nun punto de encontro e de ambiente festivo que se prolongará durante toda a semana. Dende primeiras horas, centos de persoas xa ateigaban as rúas.


O reclamo principal da xornada é a feira cabalar, protagonizada por diversos concursos morfolóxicos e exhibicións. Participan tanto cabalos de pura raza galega coma árabes, e mesmo hai unha categoría para ponis e exhibicións de doma de alta escola. Os primeiros gañadores amosaban a súa satisfacción.


Non se preocupe se non puido acudir pola mañá: A xornada festiva en Padrón continuará no serán, con novas competicións na feira cabalar e xa pola noite coa música de varias orquestras. E o bo tempo está a axudar a que se poidan cumprir as estimacións do Concello, que calculaba que só no día de hoxe se achegasen ata a vila padronesa unhas cincuenta mil persoas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí