CRTVG

Buscar

Milleiros de venezolanos apoian a Juan Guaidó na capital de España

Publicado o 25/01/2020 22:00

Juan Guaidó pechou a súa axenda en España cun encontro na Porta do Sol de Madrid con milleiros de venezolanos residentes no noso país. Foi o acto máis multitudinario dunha xornada que incluíu unha reunión coa ministra de Exteriores, co líder do PP, co alcalde e a presidenta da Comunidade de Madrid e tamén co expresidente Aznar.

Non houbo encontro con Pedro Sánchez. Guaidó dixo que agarda, nuns meses, ser el o que reciba a Sánchez como presidente en Miraflores.

Noticias web

25/01/2020