CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Milleiros de persoas saen á rúa en defensa da lingua galega

Publicado o 17/05/2018 20:46







A pé de rúa, milleiros de persoas participaron na manifestación convocada pola plataforma Queremos galego. Foi nun acto festivo e reivindicativo a un tempo co que se quixo facer visible o amor pola lingua propia, ademais de pedir o apoio das institucións.



non había políticos na cabeza da manifestación. Foron os nenos, o futuro da lingua, os que ían diante. Así quería visibilizarse a defensa da lingua e pedirlles apoio para ela ás institucións.



Segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística, do 2013, o 47 por cento dos nenos galegos fala case sempre en castelán. Hoxe, dende as rúas pedíase apoio das institucións para que esta situación se reverta.







Os voceiros de todos os grupos parlamentarios, agás do Partido Popular, estiveron na manifestación, unha das máis multitudinarias dos últimos tempos. Xunto con milleiros de cidadáns percorreron as rúas de Santiago baixo o lema 'En galego, día a día'. Coreáronse consignas varias, pero todas aglutinadas baixo unha palabra, GALEGO, en maiúsculas, convidando a defender a lingua propia os 365 días do ano.

Telexornal Serán

17/05/2018