CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas reivindican a unidade de España no desfile presidido polos Reis

Publicado o 12/10/2017 20:40

Participación masiva nun desfile do 12 outubro marcado pola situación política en Cataluña. A multitude recibía así aos Reis, a Princesa de Asturias e a infanta.

Desta volta non hobo berros aos políticos nin recriminacións. Só proclamas pola unidade de España nos momentos máis emotivos, coma no descenso en paracaidas da bandeira española. Solemnidade na homenaxe aos caídos, cunha lembranza especial ás vítimas dos atentados de Cataluña e a Ignacio Echeverría, asasinado no atentado de Londres.

No desfile aéreo participaron 80 aeronaves. Maís de 4.000 militares na marcha terrestre á que desta volta se sumou a Policía Nacional.

Dous quilómetros de rúas ateigados de público, e máis cheo do habitual tamén no palco de autoridades. Estaba todo o goberno agás o ministro de economía, de viaxe oficial no estranxeiro. Non foi o ex-presidente Aznar, pero sí Zapatero. Tamén Felipe González despois duns anos de ausencia. E ainda que non estivo Pablo Iglesias, por primeira vez Podemos enviou representación. Tamén participaron nos actos da Festa Nacional o líder do PSOE, Pedro Sánchez e o presidente de Ciudadanos, Albert Rivera.  Estiveron todos os presidentes e presidentas autonómicos agás os de Euscadi, Navarra e Cataluña, as asusencias habituais.



Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017