CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas participan nos actos convocados no 8-M "por unha Galicia en igualdade"

Publicado o 08/03/2019 22:45

A celebración do 8-M non conta cunha convocatoria conxunta nin cun lema único. Son centenares os actos e mobilizacións que durante toda a xornada reivindicaron en Galicia igualdade entre homes e mulleres nos diversos ámbitos. UXT e Comisións Obreiras uníronse nestas reivindicacións. Baixo os lemas "Nin máis, nin menos. Iguais" e "Por unha Galicia en igualdade. Loita feminista" Centos de persoas participaron nas concentracións convocadas en Lugo, Ourense, Vigo, Santiago e Viveiro.

Por separado a CIG convocou mobilizacións por toda Galicia que baixo o lema "Mulleres en folga" congregaron multitude de persoas en lugares como a praza de Galicia en Santiago de Compostela. Participación multitudinaria que se repetía nas convocatorias que de xeito simultáneo se celebraban en Ourense, na praza de Vigo da Coruña ou na cidade Olívica.

Co lema "Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista" unha marea morada congregouse no centro de Santiago chegados de diversos puntos da cidade na Treboada Feminista convocada pola Comisión do 8-M. Motivos polos que ao mesmo tempo en Vigo centos de persoas acudiron á convocatoria de Galegas 8-M fronte á Marco.

Actos da tarde

Os actos continuaron esta tarde coas manifestacións que organizacións sindicais e movementos feministas convocaron nas principais cidades galegas. Tamén en Madrid, coa presenza de cinco ministras e as voceiras de PSOE e Podemos. 

Noticias web

08/03/2019