CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas no día grande da Festa do Albariño de Cambados

Publicado o 03/08/2019 21:41

A marea de xente non deixa ver os postos de degustación do albariño no paseo da Calzada. A festa, declarada de interese turístico internacional, vive este sábado o seu día grande.

As adegas participantes saben que nesta xornada reina a mocidade. A noite será longa e dará paso a un domingo máis tranquilo e familiar.

Na xornada de clausura, coñeceranse tamén as tres marcas premiadas como mellores albariños Rías Baixas da anada 2018. Será no xanatar que se vai celebrar no Pazo de Torrado. Ata entón, continúa a cata, xa máis informal, nos concorridos postos da festa.

Noticias web

03/08/2019