CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas maniféstanse en Barcelona pola unidade de España

Publicado o 12/10/2018 15:00

En Barcelona tamén se celebrou hoxe o 12 de outubro cunha manifestación en favor da unidade de España.
Baixo o lema de ‘Barcelona, garante da Hispanidade’, miles de persoas percorreron o paseo de Gracia ata chegar á praza de Cataluña, onde os organizadores leron un manifesto no que pediron "moitos anos de prisión" para os procesados polo referendo. A entidade convocante cifra en 300.000 o número de asistentes. Entre eles, representantes de Vox, Ciudadanos e o Partido Popular. Tanto Inés Arrimadas como Xavier García Albiol coincidiron en culpar a Pedro Sánchez da resolución aprobada onte no Parlamento catalán en que se reprobou o Rei de España.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2018