CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas contra o pase sanitario, nunha mobilización á baixa

Publicado o 04/09/2021 22:20

As protestas contra o pase sanitario da covid en Francia continuaron por oitava semana consecutiva con milleiros de persoas nas rúas, pero nunha mobilización que semella ir á baixa. En París cinco convocatorias distintas reuniron algo mais de 18.000 participantes, unha cifra lixeiramente supeior á do sábado anterior.

En toda Francia uns 140.00 manifestantes expresaron o seu rexeitamento ao pase de saúde e á vacinación obrigatoria contra a covid, pero son menos que nas semanas precedentes.

Nas distintas marchas houbo 21 detencións, tres delas por incidentes leves nun centro comercial parisiense. Os antisistema dos "chalecos amarelos" e sectores da ultradereita estiveron representados nas mobilizacións.


O pase sanitario está en vigor desde hai un mes cun código QR que se xera cando a persoa ten a pauta completa da vacina, un test de antíxenos ou unha PCR negativa con 72 horas de validez ou un certificado de cura da covid. Pretende na práctica estimular a inmunización nun país no que 45,4 millóns de persoas teñen as dúas doses, o que equivale o 67,3 % da poboación.

As hospitalizacións caen mentres en Francia e nas últimas 24 horas faleceron 85 persoas por coronavirus.




 

Noticias web

04/09/2021