CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas celebran na rúa que o Reino Unido deixa a Unión Europea

Publicado o 01/02/2020 09:48

A conta atrás marcaba onte a medianoite o final dos 47 anos de permanencia do Reino Unido na Unión Europea, e despois de tres anos de negociacións. Nese momento milleiros de persoas na praza do Parlamento estoupaban de xúbilo. Alí o grupo euroescéptico Leave Means Leave (irse significa irse), apoiado polo xa ex-eurodeputado Nigel Farage, organizou a festa máis grande da xornada. Foi unha noite histórica con discursos, bandeiras e con berros de "bye, bye, EU" (adeus, adeus UE).

 

Noticias web

01/02/2020