CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas celebran a Festa da Auga de Vilagarcía

Publicado o 16/08/2019 19:21

Un ano máis milleiros de persoas celebraron en Vilagarcía a festa máis refrescante do verán. O día máis agardado das festas de San Roque. A festa da auga. Unha cita que non entende de cambio climático nin de seca. E na que maiores, pequenos e ata o mesmo San Roque se empapan por pura diversión.

Insertos sen printers " Aquí vimos a pasalo ben, a mollarnos, a ver como traen o santo para aquí arriba". "Temos as camisetas de San Roque, collemos as pistolas e ás 12 empezamos a mollar a todo o mundo". "Que queredes facer? Mollarnos". "O imprescindible é protexer todo o que non queiras que se molle e traer pistolas e mollar a todo o mundo hai que mollarse todos". "Como San Roque non hai ningún, viva San Roque!"


Xa ven con que ingrediente tan simple se pode facer unha festa de interese turístico nacional. Está claro que Vilagarcía atopou a chave do éxito con esta celebración.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019