CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas achéganse á Festa do polbo do Carballiño, unha das maiores citas gastronómicas

Publicado o 13/08/2017 14:13

Arredor de 80.000 quilos de polbo para degustar nunha festa declarada de Interese Turístico Nacional

Foi aló polo 1964 cando botou a andar a que xa é sen dúbida unha das festas gastronómicas máis emblemáticas de Galicia. 

E é que eiquí non só se ven xantar. Este parque e a súa festa é ademais cada segundo fin de semana de agosto punto de encontro para moitas galegas e galegos espallados por boa parte do mundo. Este ano adícase ao Centro Galego de Nuremberg, a vindeira edición será a Arxentina. 

80 mil quilos de produto, e case medio cento de polbeiras para que ninguén quede sen a súa ración. Hoxe pra eles non hai tempo para o descanso. 

No Carballiño levan dúas semanas celebrando esta festa, pero hoxe é o día grande. Calculan que por aquí pasarán durante todo o día máis de 50 mil persoas.  

Declarada Festa de Interese Turístico Nacional xa traballan para que o vindeiro ano ese recoñecemento sexa internacional. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2017