CRTVG

Buscar

Milleiros de mulleres participan en Verín nunha marcha feminista

Publicado o 01/03/2020 18:41

Milleiros de mulleres déronse cita hoxe en Verín na manifestación feminista convocada polo colectivo Galegas 8-M. Case medio cento de organizacións, colectivos e asociacións chegadas das catro provincias galegas percorreron as rúas da vila ourensá. Baixo o lema "Sen coidados non hai vida" queren facer visibles os coidados non remunerados que exercen as mulleres.

Contáronse por milleiros as mulleres chegadas hoxe ata a manifestación feminista de Verín. Un mabiente festivo no que non se esquecen as razóns que as traen ata aquí. Os coidados non remunerados e continuos que exercen as mulleres protagonizan este ano as súas reivindicacións. consideran que se trata dun traballo precario e infravalorado.

O lugar elexido non é casual. Verín foi foco da polémica cando a Xunta decidiu o peche do seu paritorio. Malia o cambio de criterio do goberno, consideran que esta localidade era desta volta a máis idónea para as súas reivindicacións. Case medio cento de organizacións forman parte desta convocatoria.

O deste domingo en Verín é un dos actos previos os que virán o 8 de marzo: Día Internacional das Mulleres.

Noticias web

01/03/2020