CRTVG

Buscar

Milleiros de milpés invaden varias rúas de Vivieiro

Publicado o 26/07/2019 14:22

A rúa Nicolás de Cora e a rúa Chamorro son as máis afectadas por esta praga, unha invasión de milleiros e milleiros de milpés que ateigan a vía pública e tamén as vivendas particulares.

O foco parece estar na parte de arriba desta calella, onde os veciños mesmo se viron obrigados a poñer plásticos nas portas das casas para evitar que lles entren os bichos.

Con todo, quéixanse de que xa se lles teñen metido na casa.

Ao parecere trátase dunha invasión de Oxidus Gracilis, tamén coñecido como milpés de invernadoiro, que procede inicialmente da zona da India, Australia e o sur de Asia, que habita en rexións cálidas e que se introduciu no resto dos países debido á comercialización de flores ornamentais e da agricultura. Sae máis pola noite e gústalle a humidade, como se pode ver, xa que se mete en calquera greta en que estea máis fresco.

Noticias web

26/07/2019