CRTVG

Buscar

Milleiros de inmigrantes atrvesan o río Grande e acampan en Texas

Publicado o 17/09/2021 08:31
Milleiros de inmigrantes atrvesan o río Grande e acampan en Texas

Máis de 8.000 inmigrantes irregulares, na súa maioría de nacionalidade haitiana, permanecen retidos polas autoridades estadounidenses nun campamento improvisado ao sueste de Texas. Os inmigrantes comezaron a cruzar masivamente desde o lado mexicano do río Grande este martes sen que os axentes fronteirizos estadounidenses puidesen evitalo.

Para acollelos levantouse un campamento temporal baixo a ponte internacional que une os dous lados da fronteira, que carece dos mínimos servizos básicos. O gobernador de Texas anunciou o peche de seis pasos fronteirizos para tratar de impedir a chegada de máis persoas.

Noticias web

17/09/2021