CRTVG

Buscar

Milleiros de independentistas maniféstanse en Bruxelas pedindo axuda á UE

Publicado o 07/12/2017 12:40

• Puigdemont súmase á manifestación

• A policía belga cifra en 45.000 persoas a mobilización

 

O ex-presidente da Generalitat Carles Puigdemont súmase este xoves á manifestación convocada en Bruxelas para reivindicar a independencia de Cataluña e critica á Unión Europea que non respalde as reivindicacións do movemento soberanista. Puigdemont chegou ao parque do Cincuentenario, no barrio europeo e punto de partida da mobilización, pasadas as 11 da mañá e foi aclamado polos asistentes. Agárdase que o ex-mandatario catalán pronuncie un discurso ao final da marcha. 

Entre os políticos que se sumaron á convocatoria de ANC e Òmnium Cultural víronse tamén a 'número dous' de ERC, Marta Rovira; o deputado republicano Gabriel Rufian e o ex-presidente Artur Mas. 

A Policía de Bruxelas puxo en marcha un importante dispositivo de seguridade e avisan os habitantes da cidade de que haberá problemas de circulación durante a manifestación. 

O percorrido arranca do barrio europeo e pasa preto das principais institución da Unión Europea.

Agárdase a asistencia de 20.000 independentistas e as pancartas que levan están escritas tanto en inglés coma en francés e catalán. As mensaxes que levan son en apoio ao independentismo e algunhas críticas á Unión Europea, como "1 de outubro, nin esquezo, nin perdono", "Europa, axúdanos" ou "Unión Europea, non tedes vergoña?".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017