CRTVG

Buscar

Milleiros de galegos pasan o Nadal con moita calor na Arxentina

Publicado o 24/12/2016 11:58

Pero en moitas casas non importan os 40 grados do verán austral porque o menú mira a Galicia

Visita naceu no Concello de Val do Dubra pero leva vivindo dende moza en Bos Aires, e nestas datas é a encargada de facer que a Noiteboa sexa especial para toda a familia. 

E como o que un aprende de cativo non se esquece, non importan os 40 grados do verán austral porque o menú mira a Galicia. 

"Eu fago unha entradita de jamón y queso con ensaladilla rusa, e despois para os rapaces que veñan raxo de cerdo con salsita e para min o bacalao con garbanzos, aínda que estoupe, non importa". 

É tempo de recordos, de ledicia e de agardar ó Apalpador, pero tamén de intensificar as comunicacións con quenes están lonxe. 

As novas xeneracións de galegos da Arxentina van actualizando os costumes e incorporan o típico asado ou a mesa de doces pero aseguran que nunca faltará a comida ata fartar nin a boa música, porque iso xa forma parte das súas raíces. 

Os arxentinos terán que agardar 4 horas máis que Galicia para gozar da cea de Noiteboa, pero coma a familia Turnes, son moitos os galegos que nesta Quinta Provincia manteñen case intactas as tradicións da súa querida terra e viven un Nadal case á galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2016