CRTVG

Buscar

Milleiros de galegos mudarán de médico polos concursos de traslados do Sergas

Publicado o 07/10/2018 15:03

O Sergas publicou o primeiro concurso de traslados aberto e permanente que suporá destino definitivo para máis de trescentos profesionais da sanidade. 247 deles son médicos de familia. Estes traslados, que pretenden facilitar a conciliacion destes profesionais, suporán un cambio de médico de familia para milleiros de galegos

É difícil cuantificar o número exacto de galegos que cambiarán de médico e, aínda que hai excepcións,
a maior parte prefiren que non lles toque o cambio.

Os traslados tamén afectan os odontólogos, pediatras e farmacéuticos de primaria. En total, 340 profesionais sanitarios deixarán o seu traballo a partir de mañá para incorporarse dende o xoves ás novas prazas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2018