CRTVG

Buscar

Milleiros de fieis acoden ao mosterio de Lérez para presentar ofrendas a San Bieito

Publicado o 11/07/2018 14:35

A devoción a San Bieito atrae cada 11 de xullo milleiros de persoas ata o mosterio pontevedrés de Lérez. Os romeiros aproveitan para escoitar misa, presentar as ofrendas e facerse cunha botelliña do aceite queimado para curar as espullas. Tradicións relixiosas que dan paso ás gastronómicas, onde non falta o polbo, o churrasco e as rosquillas. 

As colas no adro do mosterio de Lérez repetíronse desde primeira hora da mañá para poder entrar ao interior do templo. Unha vez dentro, San Bieito recibe as ofrendas que os devotos fan deste santo milagreiro das afeccións da pel antes de escoitar a misa.

Rematar coas espullas ou cos problemas na pel son algúns dos motivos que levan os devotos a adquirir o aceite queimado na lámpada de San Bieito.

Tras cumprir coas tradicións relixiosas, nos arredores do templo polbeiras e rosquilleiras teñen todo preparado para completar a xornada de romaría.

O fervor relixioso deixará paso á música e á festa popular ata ben entrada a noite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018