CRTVG

Buscar

Milleiros de españois adiantan os seus voos para poder volver dende o Reino Unido

Publicado o 21/12/2020 14:47

España mantén abertos os aeroportos e os portos para os que veñen de Reino Unido. En Baraxas reforzáronse as PCR e o control os viaxeiros que veñen dese país.

Milleiros de españois viviron con présas e a incerteza as últimas horas. Pero moitos conseguiron volver á casa e antes de abandonar o aeroporto pasaron polo control para presentar PCR negativa.

Os que viñan dos aeroportos de Londres din que a situación alí é máis tensa. Houbo atrasos cos resultados porque moitos decidiron adiantar os voos.

Esta previsto que hoxe cheguen a España un cento de voos do Reino Unido.

Noticias web

21/12/2020