CRTVG

Buscar

Milleiros de cruceiristas chegaron hoxe á Coruña e Vigo en catro transatlánticos

Publicado o 11/10/2018 14:42

Galicia ten milleiros de cruceiristas paseando arestora polas súas rúas. E é que esta mañá atracaron catro transatlánticos entre A Coruña e Vigo.

Pouco despois das nove da mañá chegaba o segundo dos cruceiros ao peirao da Coruña. En total, 2.100 pasaxeiros enchen arestora as rúas e locais da cidade. Antes tiveron tempo para coñecer os puntos de maior interese turístico. E mesmo hai quen o fixo subido a unha bicicleta eléctrica

Outros prefiren percorrer a cidade a pé. Unha das súas paradas obrigadas é a praza de María Pita.
E hai quen preferiu facer turismo gastronómico. Para moitos era a primeira vez que probaban o chocolate con churros.

Esta afluencia de visitantes chegados por mar, ademais de darlle vida á Coruña, tamén lles dá ledicia aos comerciantes.

Ao longo de toda esta semana aportarán neste peirao 6 cruceitos que traerán a bordo máis de 12 mil pasaxeiros. A dobre escala de hoxe é a terceira que se produce no porto herculino nesta semana.

En Vigo, dous grandes cruceiros fixeron hoxe escala no porto con preto de 5.000 persoas a bordo. Son o Sapphire Princess e o Viking Sky. Os pasaxeiros na súa maioría chegan sen saber nada da cidade, pero dispostos a probar a gastronomía propia da zona.

A marioría dos turistas británicos, decidiron desafiar a chuvia deste xoves en Vigo. Algúns, como este home, confesan que non saben nada sobre a cidade. As ofertas turísticas adáptanse a todos os gustos.

A gastronomía é, sen dubida, un dos principais atractivos para os turistas neste día nubrado.
A bordo destes dous cruceiros, equipados con todas as comodidades, viaxan preto de 5.000 persoas.

 

 

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018