CRTVG

Buscar

Milleiros de arxentinos despiden a Maradona na Casa Rosada

Publicado o 26/11/2020 17:04

Centos de arxentinos saíron ás rúas de Bos Aires para despedir a Diego Armando Maradona, falecido aos 60 anos de idade. O ambiente aquí é de celebración, posto que moitos vían a Diego non só como o mellor futbolista da historia, senón tamén como o máis parecido a un Deus na terra.

Cánticos, bailes, alegría, pero tamén moita tristeza.

Todas estas emocións xuntas vivíronse no adeus de Maradona en Bos Aires, onde moitísimos dos seus compatriotas rendéronlle unha homenaxe tras o anuncio da súa morte.

O amor polo astro arxentino, considerado por moitos como o mellor xogador da historia, non entende de idades, como demostra a enorme cantidade de xente nova presente na súa despedida.

Polo pronto, a xustiza investigará as circunstancias exactas da morte de Maradona e a familia xa autorizou a realización dunha autopsia, aínda que os primeiros indicios sinalan que o falecemento se produciu por causas naturais.


 

Noticias web

26/11/2020