CRTVG

Buscar

Bos días

Miles de persoas visitan no Corpus Ponteareas e Ares

Publicado o 08/06/2015 10:17

Milleiros de persoas xuntáronse onte a diversos puntos de Galicia para ver de preto as alfombras florais que elaboran os veciños con motivo do Corpus. Nós estivemos en Ares e en Ponteareas.

Ponterareas semellaba ser un gran mosaico floral coas cores e os aromas da primavera. Esta edición foron vinte e catro as alfombras que conformaron un tapiz vexetal de máis de 8.000 metros cadrados..Un mosaico natural que este ano tivo tamén tintes nipóns e que non deixou indiferente a ninguén.

O arrecendo a mirto, a mimosa e a hortensia acompañaou os visitantes.
O mesmo sucedía en Ares. Os tapices florais alfombraron as rúas principais para celebrar o Corpus. Os mosaicos son o resultado de varios meses de preparativos e de intenso traballo veciñal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

08/06/2015