CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas saen á rúa en Barcelona contra o referendo do 1-O

Publicado o 30/09/2017 19:56

Entramos xa na conta atrás para a xornada do 1-O en Cataluña. E hoxe sucedéronse as manifestacións en contra do referendo. A máis numerosas, a que tivo lugar esta tarde polas rúas de Barcelona. 

Esta concentración é na praza de Sant Jaume, en Barcelona. Os manifestantes están en contra do referendo do 1 de outubro e a favor da unidade de España. A Fundación de Defensa da Nación Española pediulles que non portaran signos de partidos políticos nas súas xuntanzas ante os concellos. E como diante doutros consistorios, do de Reus, do de Mataró, tamén ante o de Barcelona estes cidadáns contrarios ao referendo ou á independencia de Cataluña, levaron  carteis con proclamas, bandeiras españolas, de múltiples tamaños, europeas e "senyeras".

Ao final da mobilización, detrás do lema "Democracia, futuro e liberdade" un voceiro dos cidadáns leu un manifesto a favor da Constitución española e en contra das políticas da Generalitat. "40 anos de cesións", leron, "levaron a crear un monstro insaciable, que hoxe ameaza con devorar os que sentimos unha Catalunya diferente." A concentración iniciouse na praza Urquinaona. De camiño á praza de Sant Jaume, diante da comisaría de Vía Laietana, quixeron mostrar o seu apoio á Policía Nacional.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2017