CRTVG

Buscar

Miles de persoas reclaman en Madrid unha lexislación "que defenda a vida sen fisuras"

Publicado o 24/03/2019 18:07

Convocadas polas asociacións provida españolas, a marcha congregou unhas corenta mil persoas, sen incidentes, desde a rúa Serrano ata a Porta de Alcalá, onde se celebrou unha festa que rematou cunha solta de globos polos millóns de bebés non nacidos.

Esta cita correspóndese á celebración do Día Internacional da Vida, que ten lugar o luns 25 de marzo. Desde a cabeceira da manifestación, a presidenta da Federación de Asociacións Provida de España, Alicia Latorre, pediu a derrogación da actual lei do aborto a lexislar unha nova norma que defenda o ser humano desde a súa concepción ata a morte natural.

 

Noticias web

24/03/2019