CRTVG

Buscar

Miles de persoas despiden a Gabriel na capela ardente

Publicado o 12/03/2018 20:46

 

Os veciños de Almeria despiden desde as cinco da tarde a Gabriel Cruz. Por desexo da familia a capela ardente do pequeno está instalada na Deputación Provincial para que poida ser visitada por todos os que o desexen.  É a súa forma de agradecer o apoio recibido por toda a cidadanía durante os doce días que estivo 

A familia velou en privado o corpo do pequeno durante un par de horas antes de abrir a capela ardente ao público. Desde entón pasou por ela moita xente anónima. Tamén acudiron a darlle o pésame á familia a presidenta andaluza e o ministro do Interior entre outras autoridades. A capela ardente permanecerá aberta ata que os pais de Gabriel queiran. O funeral será mañá ás dez e media na catedral da Encarnación, aquí na capital. Decretáronse tres días de loito en toda a provincia de Almería.

O cadáver do pequeno Gabriel foille entregado á familia unha vez rematada a autopsia. As probas forenses determinaron que o neno morreu estrangulado o día da súa desaparición. Pero  os investigadores, Alberto,  seguen traballando para determinar as circunstancias do crime.

A Garda Civil está tratando de reconstruír os feitos. Pola mañá levaron a única sospeitosa, Ana Julia Quezada, ao rexistro da quinta de Rodalquilar onde ocultou o cadáver de Gabriel ata onte, cando a detiveron trasladándoo no maleteiro do coche. En principio os investidores cren que actuou en solitario, pero seguen practicando dilixencias que están declaradas secretas. O único que se sabe certo ata agora é o resultado da autopsia sobre a causa e o momento da morte do pequeno.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2018