CRTVG

Buscar

Miles de persoas afectadas polas chuvias torrenciais no leste da China

Publicado o 23/06/2019 11:48

As tormentas que afectan ao leste da China e que continuarán nos próximos días obrigaron a evacuar centos de persoas e asolagan xa moitas zonas da cidade de Yichun, na provincia de Jiangxi.

Uns cinco mil estudiantes quedaron atrapados nos edificios do centro durante varias horas e os bombeiros tiveron que repartir racións de comida e axudar a máis de mil persoas a trasladarse a lugares máis seguros.

As previsións non son boas, e calcúlase que as intensas chuvias van continuar polo menos durante un par de días.
 

Noticias web

23/06/2019