CRTVG

Buscar

Miles de especies de cunchas e centos de insectos e fósiles nunha exposición única en Burela

Publicado o 29/03/2017 20:27

O artífice da mesma é un veciño de Ribadeo que leva dende pequeno coleccionando estas pezas

Con seis anos David prefería cazar mariposas que darlle ao balón. Unha afección que medrou con el e que hoxe lle permite contar cunha colección se non única, si singular de cunchas, insectos e fósiles. E isto non so pola cantidade de pezas que foi reunindo tamén pola súa antiguedade e exclusividade de moitas delas. Xunto aquelas primeiras mariposas da infancia exhibense máis de 200 insectos, alguns pouco comúns no noso territorio coma o pao ou o insecto folla e outros de gran beleza.

Hoxe facerse con estas pezas é doado grazas a internet. A maioría das veces obten resposta no mesmo dia. Unha transacción que podía levar meses cando comezou a facer a colección.

A súa colección esta dirixida sobre todo os máis pequenos polo seu contido didactico, que saen entusiasmados co apartado dos fósiles.

Conseguir esta cuncha, unha das xoias entre coleccionista, custoulle tempo e 50 pezas autóctonas. Entre elas, a gran buscada en Xapón e China, esta cuncha que aflora no cantábrico a 100 metros de profundidade.

Esta singular mostra pode verse a partir do luns na casa da cultura de Burela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/03/2017