CRTVG

Buscar

Miles de denuncias de acoso escolar non se tramitan

Publicado o 05/06/2019 14:56

Miles de casos de acoso escolar permanecen ocultos e sen tramitar en España porque non hai un sistema efectivo de denuncias, segundo un informe divulgado hoxe por Amnistía Internacional. A organización pide ao Goberno que sitúe este asunto entre as prioridades da política educativa.

A maior parte dos casos de acoso escolar non se rexistran oficialmente. O teléfono do Ministerio de Educación habilitado para denuncias recibiu o primeiro ano de funcionamento máis de 25.300 chamadas, das que 7.500 se identificaron con posibles casos de acoso nas aulas. Un informe de Amnistía Internacional sinala que só 378, o 3,7%, chegaron á inspección educativa. Noutras ocasions son os centros os que non se implican. "Antes de que empezaran a pegarme ía a xefatura de estudios a contar o que me estaban facendo. Dixéronme que era cousa de críos", di unha moza que sufriu acoso nun centro de Badaxoz, cando era adolescente.

A organización lembra que as vítimas sofren consencuencias físicas e psíquicas importantes, algunhas para toda a vida, e que o acoso repercute en toda a familia. "O bulllying non remata no isntituto, no se acaba nunca. Saes fóra e segue aí. Só se te metes na casa e non saes", remata a mesma vítima.

"Sófrese moito. Sénteste culplable. Pregúntaste se es a culpable de educar un fillo que non sabe vivir no mundo porque o educaches para un mundo que non existe", lamenta a nai dun neno que foi vítima nunha escola da Coruña.

Para evitar estas situación Amnistía Internacional puxo en marcha unha recollida de sinaturas para pedir medidas efectivas nos centros e un sistema eficaz de denuncias.
 

Noticias web

05/06/2019