Milagros Otero continuará como valedora grazas á abstención do PP
Publicado o 30/04/2019 08:17
Aquí en Galicia, hai noticia no Parlamento. Finalmente, a valedora do pobo vai seguir no seu posto. Esta tarde os grupos non alcanzaron a maioría necesaria de 3/5 para cesala.
A oposición solicitara un pleno específico para volver pedir a marcha de Milagros Otero, despois de que recibira unha sentenza en contra por desvío de poder na adxudicación dunha praza a unha sobriña de Manuel Fraga. Din que quedou incapacitada para seguir no posto.
O PP abstívose na votación porque cre que non se pode cesar a valedora sen ter previsto o recambio. Os populares aseguran que están dispostos a negociar mañá mesmo co resto de grupos o nome da persoa que a substitúa.