CRTVG

Buscar

Mil veciños desaloxados no incendio de Malága, que arrasou máis de 5.000 hectáreas

Publicado o 10/09/2021 21:22

O incendio forestal que afecta a serra Bermeja en Málaga obrigou a confinar provisionalmente un milleiro de veciños de dúas localidades. Hai dúas nubes de fume que poden conter partículas de lume que poden ocasinar queimaduras. Por este motivo tamén se retiraron os equipos de extinción que traballan por terra. Ademais dos confinados, outro milleiro de persoas foron desaloxadas das súas vivendas.

O incendio aínda non está controlado e as lapas xa queimaron máis de 5.000 hectáreas. Nos traballos de extinción do lume faleceu un bombeiro.



Noticias web

10/09/2021