CRTVG

Buscar

Mil mulleres foron asasinadas por violencia de xénero en España desde o 2003

Publicado o 19/06/2019 20:30

A violencia machista chega aos mil casos en España. Este mércores confirmouse o último, o dunha muller asasinada o pasado venres en Córdoba pola súa parella. Desde o  Observatorio contra a Violencia de Xénero din que a cifra das mil mortas é inasumible para calquera sociedade.

Ángeles Carmona, presidenta do Observatorio contra a Violencia de Xénero: "Avanzamos moito, e non podemos dar nin un paso atrás. Non imos baixar a garda en ningún momento".

Desde o Goberno insisten na necesidade de incidir na educación en igualdade, e propoñen un gran pacto contra o sexismo, o xerme deste tipo de violencia.

Carme Calvo, vicepresidenta do Goberno en funcións, "un acordo social e político contra o sexismo, en que o papel da educación e dos medios de comunicación vai ter que ser determinante. As mulleres son asasinadas por ser mulleres, non por ningunha outra razón. Quen negue estes mil casos está negando a realidade".

O 016 atende as vítimas da violencia machista as 24 horas do día. É unha ferramenta que pode axudar a que esta lista non siga medrando.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019