CRTVG

Buscar

Mil hectáreas queimadas en Canarias e preocupan os ventos previstos desta noite

Publicado o 11/08/2019 21:17

O perímetro do incendio de Gran Canaria está estabilizado desde o mediodía en algo máis mil hectáreas queimadas, pero as próximas horas serán cruciais para o control das lapas. Agárdanse refachos de vento nocturno de entre 40 e 90 quilómetros por hora. O presidente canario, Ángel Víctor Torres, amosaba esta tarde a área afectada polo lume nunha zona de elevado impacto ecolóxico e non descarta que o incendio se volva descontrolar outra vez pola noite: "Preocupa s climatoloxía. Se o vento que nos chega esta noite é un vento forte de setenta, oitenta, noventa quilómetros por hora, o risco é alto e hai que ser realistas".

Entre 500 e 600 efectivos humanos traballan por quendas na extinción do lume e esta tarde chegaron reforzos da Unidade Militar de Emerxencia.

Máis de mil persoas foron evacuadas en dez localidades na zona máis alta da illa, algunhas en situación límite, pero a esta hora só unhas sesenta pernamanecen en albergues. Unha mínima parte regresou ás súas casas e centos de afectados buscaron realoxo con familiares ou nunha segunda vivend

Esta tarde pasou a disposición xudicial o presunto autor involuntario do incendio, que cometeu a neglixencia de realizar traballos de soldadura preto de maleza inflamable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2019