CRTVG

Buscar

A proba para testar a reapertura do ocio nocturno celebrase no segundo sábado de xuño

Publicado o 27/05/2021 13:27

A do segundo sábado de xuño é a noite sinalada como experimental cara á reapertura dos locais de ocio nocturno. Desde a discoteca coruñesa incluída neses ensaios exhibiron na rede o éxito da posta á venda das entradas. Eran mil, un terzo da capacidade da sala, a un prezo de dez euros e non duraron nin unha hora. A dirección da sala animou os que quedaron coas ganas de poder entrar dicíndolles que a volta está cada vez máis preto.

Unha discoteca de Vigo, con catro pubs situados en Ourense, Lugo, Pontevedra e Santiago completan os locais que participan na proba do día 12. Nas discotecas a asistencia ten que ser con invitación e PCR negativa. Nas seis salas as mesas estarán separadas e deberán contar con medidores de CO2 para garantir a correcta ventilación. Na proba piloto que servirá para avaliar as posibilidades de reapertura do ocio nocturno en Galicia, non se contempla a posibilidade de actuacións en vivo.





 

Noticias web

27/05/2021