CRTVG

Buscar

Miki Villar ficha polo Eivisa e dá o salto ao fútbol profesional

Publicado o 16/06/2021 14:33

O extremo nigranés Miguel Villar xogará a vindeira temporada no fútbol profesional. Concretamente, na Segunda División, á que ascendera recentemente a UD Eivisa. 

Miki quedou libre despois de tres grandes anos na S. D. Compostela e aceptou a oferta por dous anos do conxunto da illa. Alí coincidirá con outro canteirán celeste, coma el, David Goldar.

Noticias web

16/06/2021