CRTVG

Buscar

Mike Pence ponse en público a vacina da covid-19 para xerar confianza

Publicado o 18/12/2020 20:52
Mike Pence ponse en público a vacina da covid-19 para xerar confianza

O vicepresidente saínte dos EUA, Mike Pence, converteuse este venres no responsable gobernamental estadounidense de maior rango que recibe a vacina da covid-19, mentres o presidente Donald Trump segue sen aclarar se a poñerá e cando. "Non sentín nada. Ben feito", dixo Pence nun acto na Casa Branca, onde lle puxeron a primeira dose da vacina a el, á súa esposa Karen e ao director xeral de saúde pública do Goberno estadounidense, Jerome Adams.

Pence deixou que as cámaras de televisión gravasen mentres os doutores poñíanlle a vacina, nun intento de xerar confianza na eficacia e seguridade do preparado desenvolvido por Pfizer e o seu socio alemán BioNtech.

Esa vacina é a primeira aprobada en Estados Unidos e empezou a fornecerse este luns, e o xesto de Pence tiña como obxectivo disipar as dúbidas dalgúns estadounidenses xusto cando se espera que o Goberno dea luz verde a un segundo preparado, o de Moderna.
 

Noticias web

18/12/2020