CRTVG

Buscar

Miguel Tellado: "Non ten sentido aceptar a transferencia da AP-9 se os galegos van ter que pagar dobremente por ela"

Publicado o 18/06/2021 15:55

Dende o Partido Popular de Galicia celebran o desbloqueo dos trámites para a transferencia da AP-9, pero advirten de que ten que vir acompañada de recursos económicos suficientes para que non supoña un custo para os galegos.

Miguel Tellado asegurou que "non ten sentido aceptar a transferencia se os galegos van ter que pagar doblemente por ela, e por iso esperamos que se cumplan estas condicións e que moi pronto esteamos xestionando a AP-9 dende Galicia dun xeito máis eficiente e próximo ao territorio".

Noticias web

18/06/2021