CRTVG

Buscar

Miguel Tellado (PPdeG): "Para Valedor proporemos un perfil profesional, non político, que poida ser avalado por todos"

Publicado o 24/07/2019 11:56

Ana Celia entrevista no Bos días a Miguel Tellado, secretario de organización do PPdeG.

Miguel Tellado fala da celebración do 25 de xullo, Día de Galicia, da postura dos populares na sesión de investidura no Congreso, das posibles futuras citas electorais e da dimisión da Valedora do Pobo. Sobre este último tema dixo: "Agardamos que en cuestión de horas cheguemos a un acordo entre as forzas políticas que conforman o Parlameno de Galicia".

"Un acordo deste tipo, tal como obriga o Estatuto de Autonomía e o regulamento do Parlamento de Galicia, require unha maioría ampla, unha maioría de polo menos 45 deputados, dos 75 que conforman a cámara. Nós o que agardamos é que sexa unha proposta non partidista, senón un perfil profesional que permita ser respaldado polo conxunto dos partidos que conforman o conxunto do Parlamento. Eu creo que nas próximas horas se presentará unha proposta que sexa avalado por todos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/07/2019