CRTVG

Buscar

Miguel Soldán, xefe do Subsector de Tráfico da Coruña: "Os peóns en Galicia levan roupa escura e deben facerse ver para evitar atropelos"

Publicado o 05/11/2019 11:12

Esta fin de semana é desas que teñen relevancia informativa pola acumulación de accidentes mortais nas estradas. Cinco persoas atoparon a morte en tan só dous días; e xa viñamos dunha semana especialmente dura. Nalgúns casos, o mal tempo pode ser un dos motivos; pero o incremento que se está a dar nos últimos meses ten moito que ver con hábitos, que dende Tráfico se quere erradicar.

"Seguimos con malas prácticas nas estradas. O uso do móbil é un perigo, entrar nas redes sociais mentres estamos conducindo".

"En Galicia chove moito e iso ten incidencia no estado da vía. Hai que adaptar a velocidade ao estado da vía. Tamén hai que ver como é o estado do vehículo".

"A dispersión xeográfica eleva o número de estradas en Galicia. A maior parte dos accidentes danse en vías secundarias".

"Hai un problema cos peóns en Galicia. Cruzan as estradas con roupa escura e non acaban de empregar o chaleco. Hai que facerse ver".

"Mentres siga existindo unha vítima na estrada hai que seguir actuando. A lexislación é boa, pero sempre se pode mellorar".

"Os concellos deben regular o uso de patinetes".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019