CRTVG

Buscar

Miguel Rosendo sae en liberdade provisional con medidas cautelares

Publicado o 06/12/2018 09:26

A Audiencia Provincial de Pontevedra deixa en liberdade provisional con medidas cautelares a Miguel Rosendo, fundador da Orde de San Miguel Arcanxo.

Rosendo saíu esta tarde do cárcere de Teixeiro cando estaba a piques de facer 4 anos en prisión provisional. As medidas cautelares que lle impoñen as maxistradas inclúen a comparecencia cada 15 días no xulgado e a prohibición de saír de España. Está pendente da sentenza do xuízo que se celebrou contra el e os catro anos que xa pasou na cadea serían o máximo ao que o poderían condenar. O xuízo foise atrasando ata que se celebrou a vista oral entre o 26 de setembro e o 27 de novembro. Rosendo agradeceu á saída de prisión o apoio recibido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018