Miguel Otero non dimite e Fernando Vidal non o pode cesar ata a próxima xunta de accionistas
Publicado o 27/05/2020 17:22
•Mentres, Miguel Otero é o administrador único da Deportenda ata o 2022
Miguel Otero non dimitiu como membro do Consello de Administracion do Deportivo e o consello que preside Fernando Vidal non o pode destituír.
Miguel Otero foi elixido polos accionistas no seu día e ata que se organice outra xunta xeral a súa destitución non poderá ser levada a trámite. Se iso non cambia nos próximos meses, ata o 2022 Miguel Otero será o administrador único dunha das sociedades do Deportivo, a Deportenda.
As tres sociedades, Deportenda, Deporclínica e Praia Club Hostalería pasaron a nome de Fernando Vidal, Armenteros e Otero, tras adiantarse a sentenza antiga coa que desapareceu a sociedade xornalística do club.