CRTVG

Buscar

Miguel Ángel Ríos Fernández, presidente de honra da Real Academia Galega das Ciencias

Publicado o 05/05/2021 20:11
Miguel Ángel Ríos Fernández, presidente de honra da Real Academia Galega das Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias nomeu presidente de honra da institución a Miguel Ángel Ríos Fernández, catedrático emérito de Química Física da USC. Na homenaxe, que coincidiu coa apertura do curso académico 2021, destacouse a longa traxectoria de Ríos Fernández e o importante cambio e modernización que impulsou na Academia ao entendela como unha entidade que "promove e divulga a ciencia entre a sociedade".