CRTVG

Buscar

Miguel López, único acusado de matar a viúva do ex-presidente da CAM, declarado non culpable

Publicado o 11/11/2019 14:05

Miguel López era o único acusado de matar a súa sogra, María del Carmen Martínez, viúva do ex-presidente da Caixa do Mediterráneo.

O xuízo sacara a relucir a guerra familiar polo control dun imperio económico que controlaba a viúva e que ía quedar nas mans do fillo maior en detrimento das outras tres irmás.

Para o fiscal, tratouse dun crime horrendo polo poder e polo diñeiro, algo que compartía o avogado da acusación particular, que exerceu o primoxénito.

A defensa de Miguel López reiterou que as probas eran inconsistentes e que vivía alleo aos negocios da familia.

María del Carmen Martínez fora asasinada de dous tiros na cabeza en decembro de 2016 no concesionario de coches propiedade da familia e que rexentaba Miguel López.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019